Sobre a sociedade
UN POUCO DE HISTORIA
A Sociedad Filarmónica Ferrolana naceu en Ferrol no ano 1949, coa vontade de promocionar e divulgar a música clásica, mediante a organización de concertos.
Catrocentos afeccionados constituiron a Sociedade. Redactaron uns estatutos, cumprimentaron os requisitos administrativos oficiais e fixaron unha cota mensual de 10 pesetas. O 7 de outubro de 1949 a Orquesta Sinfónica Municipal de A Coruña deu o concerto inaugural da historia da Filarmónica Ferrolana no Teatro Jofre.
Pouco despois e cun grandíssimo esforzo, a Sociedade comprou un piano Stenway & Sons ¾ cola, por 80.000pesetas. Era un piano feito e Nova York con madeira de palosanto e teclado de marfil , cun son cálido e poderoso… que tivo que ser pagado en varios prazos. A presentación do piano ao público ferrolá celebrouse o 14 de abril de 1950 cun concerto de José Cubiles, o mellor intérprete español naqueles anos. O noso vello Stenway aínda soou nun concerto de Nina Hill & Marcos Coll Band en maio do ano pasado. O pianista do grupo, Christian Rannenberg, pediulle á Sociedad Filarmónica que lle permitise usar o piano pólo seu magnífico son.
Naqueles anos pasaron por Ferrol da man da SFF os mellores intérpretes da escena musical española e europea: Magda Tagliaferro, Christian Ferras, Pierre Barbizet, Gaspar Cassadó, Henryk Szeryng, Nikita Magaloff, Ruggiero Ricci, Nicanor Zabaleta, Alicia de Larrocha, Andrés Segovia, Paul Badoka-Skoda, Narciso Yepes, Natalia Lamas, Teresa Berganza, Jorge Bolet, Montserrat Caballé, Joaquin Achúcarro, Salvatore Accardo, Miguel Zanetti, Ernesto Bitetti, Maria Orán, Eulalia Sole, Lluis Claret...e grandes formacións orquestais de prestixio como o Collegium Musicum de Wiesbaden, a Orquestra de Cámara de Viena, a Orquestra Municipal de Bilbao, a Orquestra Sinfónica de Madrid, I Musici, a Orquestra de Cámara de Berlin, a Orquestra de Cámara de Munich, a Orquestra do Palazzo Pitti.…
Citalos a todos é unha empresa colosal. Porén, para salvaguardar a memoria da SFF estamos levando a cabo a elaboración dun catálogo onde se recollen todos os intérpretes e orquestras ou agrupacións musicais que pasaron pola Sociedade dende a súa fundación até hoxe cós programas de man orixinais elaborados para cada un deles.
A Sociedad alcanzou o maior número de socios (840) no ano 1974, cunha cota mensual de 50 pesetas.
A SOCIEDAD FILÁRMONICA E O TEATRO JOFRE
Dende a súa fundación, a historia da Filarmónica está íntimamente unida á do Teatro Jofre. O seu deterioro, na década dos anos 80, fixo que diminuira rapidamente o número de socios. O mal estado de conservación e a falta de condicións de confort, unidos ao precio abusivo do alquiler por parte do propietario, obligou á Filarmónica, no ano 1983, a buscar salas de concerto alternativas (Salón de recepcións do Concello, O salón de actos do entón Instituto Camilo Alonso Vega (hoxe Sofía Casanova); o Centro Cultural Municipal…) para concertos e grupos menores, quedando o Teatro Jofre reservado unicamente para concertos de grandes conxuntos.
En outubro de 1994, o Concello adquiriu o Teatro e, a pesares do seu deficiente estado de conservación, as súas cualidades acústicas e de aforo, aconsellaron á Directiva da SFF continuar a organizar neste espazo toda a súa programación, até xaneiro de 1998, cando pechou definitivamente as portas para a súa restauración.
Dende ese momento, toda a actividade da Sociedad, desenvólvese no Centro Cultural Municipal «Torrente Ballester«, até a reapertura do Teatro, completado o proceso de restauración. O 11 de febrero de 2006, a Orquesta da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, inaugurou a nova etapa de programación da Filarmónica no Teatro Jofre.
Coa reapertura do Teatro Jofre no ano 2005, a Sociedad cobrou un novo pulo e vitalidade, que se non lle permitiu recuperar aínda as antigas cotas de asociados, pasa xa dos catrocentos e ofrece unha programación anual de arredor de 14 concertos de indudable calidade da man, principalmente de agrupacións galegas como son a Real Filharmonía de Galicia e da Orquesta Sinfónica de Galicia, que copan o 98% da nosa programación.
Hoxe en dia o Concello de Ferrol dispón ademais dun magnífico Auditorio cunhas propiedades acústicas louvadas por quen ten a sorte de coñocelo.
Atrás quedan os anos difíciles, nos que a supervivencia foi posible grazas á fidelidade e tesón dos pouco máis de 200 socios, que soportando adversidades sen número, mantiveron viva a Sociedad.
A Sociedad Filarmónica Ferrolana celebrou no 2016 a celebración de 500 conciertos co mérito de seren a única sociedade ferrolá que mantivo durante 57 anos, sen interrupción a súa programación anual de música clásica.
Salientar que no concerto do 15 de marzo de 2017, o sexteto encabezado por Daniel del Pino no Jofre dentro da programación da Sociedad Filarmónica Ferrolana permitiu disfrutar ao público do sonido dun violín Stradivarius, que durante a actuación tocou o músico Vicente Cueva. Trátase dun instrumento construido polo lutier cremonés Antonio Stradivari en 1961. O violín é coñecido como o “Auer” Stradivari 1961, xa que pertenceu ao insigne violinista e pedagogo Leopold Auer. O instrumento foi cedido polos seus donos, Roger e Huguette Dubois, propietarios do grupo Canimex de Québec, ao mencionado músico para o proxecto discográfico “Shoah” con música de Jorge Grundman e para os posteriores concertos de presentación do mismo. Trátase dunha partita para violín solo en seis movementos composta polo madrileño, cuxos avós morreron no gueto de Varsovia.
Presidentes na historia